1. Introdución e marco da normativa
Subir ↑ Seguinte →O artigo 40.2 da Constitución Española encomenda os poderes públicos, como un dos principios reitores da política social e económica, velar pola seguridade e hixiene no traballo e a Directiva 89/391/CEE, relativa á aplicación das medidas para promover a mellora da seguridade e saude dos traballadores no traballo, conten o marco xurídico xeral na que opera a política de prevención comunitaria.
Así pois, o mandato constitucional contido en dito artigo 40.2 da Constitución e a comunidade xurídica establecida pola Unión Europea nesta materia, configuran o soporte básico no que se asenta a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, ademáis dos compromisos contraídos ca Organización Internacional do Traballo, a partir da ratificación por España do Convenio 155, sobre seguridade e saude dos traballadores e o medio ambiente de traballo.
A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, considera que a protección do traballador fronte aos riscos laborais esixe unha actuación na empresa que desborda o mero cumprimento formal dun conxunto predeterminado, máis ou menos amplo, de deberes e obrigas empresariais e, máis aínda, a simple corrección a posteriori de situacións de risco xa manifestadas.
Por elo, a planificación da prevención dende o momento mesmo do deseño do proxecto empresarial, a avaliación inicial dos riscos inherentes ao traballo e a súa actualización periódica a medida que se alteren as circunstancias, a ordenación dun conxunto coherente e globalizado de medidas de acción preventiva axeitadas á natureza dos riscos detectados e o control da efectividade das devanditas medidas constitúen os elementos básicos do novo enfoque na prevención de riscos laborais que a Lei formula. E, xunto a iso claro está a información e a formación dos traballadores dirixidas a un mellor coñecemento tanto do alcance real dos riscos derivados do traballo coma da forma de previlos e evitalos, de xeito adaptado ás peculiaridades de cada centro de traballo, ás características das persoas que nel desenvolven a súa prestación laboral e á actividade concreta que realizan.
Segundo esta lei entenderase por «prevención» o conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en todas as fases de actividade da empresa co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo.
Igualmente entenderase como «risco laboral» a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo. Para cualificar un risco dende o punto de vista da súa gravidade, valoraranse conxuntamente a probabilidade de que se produza Y consideraranse como «danos derivados do traballo» as enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo.
En relación con iso, o transporte por estrada de viaxeiros caracterízase por ser un sector relevante para o desenvolvemento da economía española e que se viu especialmente influenciado polos cambios económicos, sociopolíticos e normativos acaecidos no noso país nos últimos anos e que materia de Seguridade e Saúde Laboral segue enfrontándose a unha serie de condicionantes.
A implantación de actuacións en materia preventiva nas empresas do sector vénse realizando dun xeito gradual, impulsado polo interese das administracións estatais e autonómicas, empresarios e traballadores, e as súas organizacións respectivas. As actividades de vixilancia da saúde necesitan unha aplicación práctica máis adaptada aos principios que formula a medicina do traballo.
Pero, con frecuencia xorden discrepancias na sensibilización de empresarios, traballadores, técnicos de prevención e profesionais sanitarios entre os requisitos psicofísicos para a obtención e renovación do permiso de condución nos centros de recoñecemento de condutores e a avaliación das condicións psicofísicas que se realiza nos controis de vixilancia a saúde dos servizos de prevención para determinar a capacitación laboral en condicións axeitadas de seguridade e saúde. I. elo, polas dificultades que se presentan para coñecer, dun xeito sistemático, as patoloxías derivadas da actividade do condutor profesional por estrada, nas súas distintas vertentes (accidentes de tráfico, accidentes de traballo e enfermidades profesionais). E ó carácter multifactorial que manifestan moitos dos riscos implicados, súmanse as relacións que poden, en diversas circunstancias, establecerse entre os hábitos de vida e as condicións de traballo.
A mellora da calidade e implantación da prevención de riscos laborais nas empresas do sector do transporte de viaxeiros, esixe do establecemento de estratexias e plans de acción común baseados na cooperación entre as asociacións empresariais, traballadores e organismos públicos.
A realización desta guía por parte da Federación Galega de Asociacions de Transporte de Viaxeiros en Autocar, Transgacar, xorde ante a necesidade de informar os condutores de transporte escolar e de menores da Comunidade de Galicia, en canto aos riscos laborais que se poidan producir durante o devandito transporte e cales son as medidas preventivas que deben aplicar para evitar os riscos e minimizar en todo o posible as consecuencias destes.
A Prevención de Riscos Laborais no ámbito do transporte de viaxeiros é un aspecto fundamental para o condutor, xa que este leva ao seu cargo a multitude de persoas, e é de especial importancia no transporte escolar onde os pasaxeiros son menores que poden resultar máis vulnerables que os adultos.
Tamén se quere incidir na formación do condutor en materia de Primeiros Auxilios ás vítimas de accidentes, i en concreto ao especial coidado que deben ter cos menores accidentados.
Igualmente, pola súa transcendecia social e pola responsabilade que encerra, o transporte escolar e de menores só poderá ser realizado por aquelas empresas que conten coa correspondente concesión ou autorización administrativa que, segundo o disposto nas normas de ordenación dos transportes terrestres, habilite para levar a cabo o devandito transporte. E as suas condicions de seguridade a mais de na mencionada Lei 31/1995, de prevención de riscos laborias, veñen reguladas no RD 443/2001 do 27 de Abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. Por outra banda, a Orde do Mº de Fomento 1230/2013, de 31 de maio, establece as normas de control en relación cos transportes públicos de viaxeiros por estrada, que no seu artigo 10, recolle a recomendacions en materia de seguridade nos transportes regulares e discrecionais de viaxeiros en autobús.
Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre ás condicións de seguridade non transporte escolar e de menores.