Benvidos ó Arquivo Díxital de TRANSGACAR

Benvidos ó Arquivo Díxital da FEDERACION GALEGA DE ASOCIACIONS DE TRANSPORTE DE VIAXEROS EN AUTOCAR. TRANSGACAR

TRANSGACAR, é unha entidade asociativa empresarial de ámbito autonómico. Actualmente está integrada por catro Asociacións Provinciais, por máis de 80 empresas asociadas en toda Galicia, máis de 1100 vehículos e cerca de 1500 empregados/as.

Pola súa representatividade a nível galego, forma parte do Comité Galego de Transportes, sección de transporte de viaxeiros/as. TRANSGACAR, é, hoxe en día, a Federación con maior implantación no sector de transporte público regular de viaxeiros/as de uso xeral, según datos do Comité Galego de Transportes da Xunta de Galicia, sendo titulares as súas empresas de mais do 64% das concesións autonómicas de transportes de viaxeiros/as ademáis de outras de ámbito estatal e que por extensión en kilómetros representan máis do 86% da rede concesional da nosa comunidade autónoma.

O parque de vehículos destas empresas equivale a máis do 50% do parque de autobuses de Galicia, incluindo os destinados/as a servicios regulares de uso xeral, uso especial e discrecionais. Esta Federación Galega encóntrase integrada en ASINTRA, a Federación Española Empresarial de Transportes de Viaxeiros/as.

¿Que é o Arquivo Díxital?

ARQUIVO DIXITAL é un espazo adicado a dixitalización de contidos para o sector do transporte. A potenciación e mellora do uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións son, sen lugar a dúbidas, instrumentos xeradores de riqueza. Internet estase convertendo nunha plataforma na cal se pode crear toda clase de documentos de negocios e, o que é máis importante, compartilos.

Por isto TRANSGACAR, comeza este proxecto co cal pretende conseguir poñer en marcha un sistema web ambicioso, atractivo e sobre todo útil para poder aportar solucións e servizos dun sector cunha alta demanda na actualidade.

A difusión da rede entre os profesionais é hoxe en día moi desigual, sendo necesario promover a súa dixitalización. Este é un paso indispensable para facer de TRANSGACAR un centro destacado na produción e difusión de contidos dixitais aos seus visitantes.

As tecnoloxías da información están operando tales mudanzas nas formas de aprender, traballar, comprar e vender, crear e obter información, é dicir, de comunicarnos, que é obrigado dende a Asociación TRANSGACAR en representación do sector asegurar a difusión das súas posibilidades e a formación necesaria para conseguir competencias na súa utilización.

As vantaxes do arquivo dixital de documentos, proxectos e memorias que TRANSGACAR dispón en outros formatos son os seguintes:

Facilidade e rapidez de acceso á información, Orden e aforro de espazo, Participación da entidade na preservación do medio ambiental...

Obxetivos

A Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viajeros en Autocar (Transgacar) ten por obxectivo poder achegar as novas tecnoloxías da información e comunicación a todos os visitantes do portal web.

Coa esta sección preténdese informar das diversas temáticas do sector do transporte a nivel autonómico. Non sobra decir que coa chegada das TIC vén de cambiar o funcionamento dos medios de comunicación. A difusión da rede entre os profesionais é hoxe en día moi desigual, sendo necesario promover a súa dixitalización.

Este é un paso indispensable para facer de Transgacar un centro destacado na producción e difusión de contidos dixitais aos seus visitantes.

Ademais, o portal web de Transgacar é o espacio ideal para a publicación de toda a información xerada pola Federación, volcando neste medio toda a documentación e os trámites que parten dela.

Transgacar pretende crear un recolector de recursos dixitais de acceso aberto a todos os visitantes da páxina web relacionados ou non co sector do trasporte para poder albergar neste formato toda a documentación necesaria para poder por exemplo realizar algún trámite con referencia ao sector.

Con esta sección preténdese dixitalizar e publicar todos os artigos de revistas ou xornais, ponencias, capítulos de libros, informes técnicos, manuais como por exemplo " O uso do Tacógrafo ", cursos como por exemplo " Riscos Laborais ", normativas, convenios, subvencións, eventos, novas do sector das mercadorías, etc... que están xa en formato papel ou formato cd como así as que se realizarán nun futuro.

A Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viajeros en autocar pretende crear un ambicioso proxecto que conducirá ao pleno desenvolvemento tecnolóxico e que permitirá á Federación traballar cara á transformación da forma de comunicación entre os cidadáns relacionados co sector do transporte e como non entre os cidadáns relacionados co sector de transporte coa Federación.

Proxecto Subvencionado por ...

O Arquivo Díxital é un espazo adicado a dixitalización de contidos para o sector do transporte. Todo este proxecto foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e o Plan Avanza para impulsar a realización de actuacións de difusión e formación relacionadas especificamente co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Ministerio de industria, turismo y comercio
Plan Avanza Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica

Información de Contacto

  • Sede:

    C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D

  • 15701 Santiago (A Coruña)

  • Teléfono:

    (981) 59 75 00

  • Fax:

    (981) 59 86 20

  • Correo electrónico:

    info@transgacar.es

outras seccións

Páxinas amigas

  • fegatramer
  • fomento
  • BOE
  • Xunta
  • Buscador google
  • Direccion general de tráfico
  • aemet
  • repsol
  • Ifema
  • Asintra
  • trabajo

Patrocinan:

  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretaría Xeral de modernización e innovación tecnolóxica
Visitar Facebook Visitar Google+ Visitar canal de Youtube